Educación Secundaria

De 12 a 16 años

A Nosa Esencia

Para isto, reforzamos o papel da titoría, convencidos de que a esta idade o seguimento individualizado e personalizado é clave para o éxito académico e persoal.

Acompañamento Persoal E Titoría

A Educación Secundaria Obrigatoria é unha etapa clave na formación académica e persoal do alumnado e na que se toman decisións importantes para o futuro. No colexio filipense apostamos por acompañar o alumnado nese proceso, proporcionándolle as ferramentas necesarias para afrontar os retos do presente e do futuro.

Horario

Descubre os horarios da Escola Infantil, deseñados para optimizar o tempo de aprendizaxe e garantir o benestar.
A Nosa Esencia

Innovación E Aprendizaxe Personalizada

No ámbito académico ofrecemos itinerarios adaptados aos intereses e ás necesidades de cada alumno/a. Apostamos polo uso racional e transversal das novas tecnoloxías e pola aprendizaxe de idiomas, a través da inmersión lingüística e de programas de internacionalización, como o Diploma Dual. Somos referentes na formación en oratoria e debate, o que contribúe a desenvolver no noso alumnado o pensamento crítico, a escoita activa e a capacidade de liderado.

Tes algunha dúbida? Ponte en contacto connosco!

Estamos aquí para axudar. Se queres máis información sobre a nosa escola, os nosos proxectos ou a nosa matrícula, non dubides en contactar connosco. Estaremos encantados de axudarche!

Valores, Responsabilidade E Compromiso Social

Fomentamos a reflexión, a interioridade e a responsabilidade social a través de proxectos de aprendizaxe-servizo, nos que o alumnado se involucra activamente en iniciativas que melloran a súa comunidade e favorecen a súa formación como cidadáns responsables.

Formamos persoas preparadas para os desafíos futuros e cunha mirada crítica e solidaria cara ao mundo.

Persoal
Apoiamos o desenvolvemento integral da infancia, promovendo o seu autocoñecemento e a súa educación emocional, coa colaboración das familias.
Académica
Fomentamos o desexo de aprender e o esforzo a través do traballo cooperativo e situacións de aprendizaxe.
Sociais
Promovemos as boas relacións, a resolución asertiva de conflitos e a participación social e cívica.
Colaboración coas familias
A educación é un proxecto compartido coas familias, onde o equipo de educadores está sempre dispoñible para colaborar.