Educación Primaria

De 6 a 12 años

A Nosa Esencia

Acompañamos o alumnado no seu proceso de crecemento, ofrecéndolles unha educación próxima e personalizada, que favorece a súa autonomía persoal e o desenvolvemento de todas as súas capacidades.

O Noso Propósito

Na Educación Primaria apostamos por unha ensinanza activa, que se adapta ao momento de cada neno e nena e que lles permite comprender, reflexionar e construír aprendizaxes significativas.

Horario

Descubre los horarios de Primaria, diseñados para optimizar el tiempo de aprendizaje y asegurar el bienestar.

Aprendizaxe De Linguas E Matemáticas

Coidamos especialmente a aprendizaxe das linguas e das matemáticas, convencidos de que dotan os nenos e nenas das chaves que abren o saber futuro. Potenciamos o coñecemento e o uso do inglés co apoio dun auxiliar de conversa nativo e introducimos, de maneira gradual, as novas tecnoloxías, como elemento enriquecedor do proceso educativo.

Tes algunha dúbida? Ponte en contacto connosco!

Estamos aquí para axudar. Se queres máis información sobre a nosa escola, os nosos proxectos ou a nosa matrícula, non dubides en contactar connosco. Estaremos encantados de axudarche!

Xestión positiva da convivencia e atención socioemocional

A través de proxectos de aprendizaxe-servizo, o alumnado participa activamente na realidade que o rodea, adquirindo conciencia social e un forte sentido de compromiso. Apostamos por formar persoas respectuosas, empáticas e solidarias, inspirándonos, sempre, nos principios filipenses.
Persoal
Apoiamos o desenvolvemento integral da infancia, promovendo o seu autocoñecemento e a súa educación emocional, coa colaboración das familias.
Académica
Fomentamos o desexo de aprender e o esforzo a través do traballo cooperativo e situacións de aprendizaxe.
Sociais
Promovemos as boas relacións, a resolución asertiva de conflitos e a participación social e cívica.
Colaboración coas familias
A educación é un proxecto compartido coas familias, onde o equipo de educadores está sempre dispoñible para colaborar.