Educación Infantil

Na etapa de Educación Infantil sentamos as bases do desenvolvemento persoal, académico e emocional do alumnado, favorecendo a súa autonomía e creatividade nun ambiente cálido, seguro e estimulante.

Educación Infantil

Cal é o noso propósito?

Horario

Descubre os horarios da Escola Infantil, deseñados para optimizar o tempo de aprendizaxe e garantir o benestar.

Como o facemos?

Desde os 3 anos, propoñemos unha aprendizaxe activa e vivencial, onde o contacto directo coa natureza e co contorno cobra especial relevancia. Esta metodoloxía permite que desenvolvan a súa curiosidade innata, adquiran independencia e constrúan coñecementos significativos a través da experiencia, a exploración e o xogo libre.

En que traballamos?

Introducimos a lectoescritura mediante a conciencia fonolóxica, que lles permite ás nenas e nenos xogar cos sons da lingua e recoñecer as súas estruturas. Empregamos o método ABN, que transforma a aprendizaxe matemática nun proceso manipulativo, lúdico e adaptado ao ritmo de cada neno e nena. E iniciámolos na lingua inglesa de forma progresiva, natural e adaptada ao seu ritmo.
Atendemos á diversidade, garantindo unha educación inclusiva que respecta os ritmos e necesidades individuais e fomentamos a educación en valores inspirada nos principios filipenses que nos axudan a formar persoas comprometidas e con conciencia social.

Persoal
Apoiamos o desenvolvemento integral da infancia, promovendo o seu autocoñecemento e a súa educación emocional, coa colaboración das familias.
Académica
Fomentamos o desexo de aprender e o esforzo a través do traballo cooperativo e situacións de aprendizaxe.
Sociais
Promovemos as boas relacións, a resolución asertiva de conflitos e a participación social e cívica.
Colaboración coas familias
A educación é un proxecto compartido coas familias, onde o equipo de educadores está sempre dispoñible para colaborar.

Noticias y Novedades

Mantente informado sobre las novedades de nuestro colegio