Servizos

Servizos Para Crecer Xuntos

Comedor

O colexio facilita a adquisición do material escolar a través do servizo de venda de libros Llibres Text. Llibre Text é unha plataforma que lles permite ás familias adquirir os libros de forma sinxela e cómoda, garantindo que o alumnado dispoña dos recursos necesarios desde o inicio do curso.

Madrugadores

O servizo de madrugadores ofrece unha solución cómoda e flexible para as familias que precisan ampliar o horario escolar pola mañá. Nun ambiente tranquilo e supervisado, os nenos e nenas poden chegar ao colexio antes do inicio das clases e aproveitaren ese tempo para xogar, ler ou realizar pequenas actividades de forma relaxada.

Uniforme

O colexio conta con chándal e uniforme desde Educación Infantil a 4.º da ESO. A través deste servizo, foméntase a igualdade e garántese que o alumnado dispoña de prendas cómodas e axeitadas á actividade escolar. Para facilitarmos a súa adquisición, as familias dispoñen de venda no propio centro.

As vendas uniformes realízanse a través de Cifra, o noso acceso ás familias

Venta de Libros

O colexio facilita a adquisición do material escolar a través do servizo de venda de libros Llibres Text. Llibre Text é unha plataforma que lles permite ás familias adquirir os libros de forma sinxela e cómoda, garantindo que o alumnado dispoña dos recursos necesarios desde o inicio do curso.

Departamento de Orientación

O Departamento de Orientación acompaña o alumnado no seu desenvolvemento persoal e académico. A través do asesoramento individualizado e do traballo con profesorado e familias, axuda a identificar necesidades, potenciar fortalezas e garantir unha educación inclusiva e adaptada ás necesidades de cada alumno/a. Conta, ademais, cos ámbitos de Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe, que ofrecen apoio específico para atender a diversidade do alumnado, garantindo a súa inclusión e favorecendo o seu desenvolvemento pleno.

Cifra Educación

A plataforma Cifra Educación facilita a xestión eficiente do día a día e favorece a comunicación entre profesorado, alumnado e familias. Grazas a ela, garántese un seguimento académico máis próximo e accesible, xa que permite consultar notas, recibir avisos en tempo real ou realizar trámites administrativos de forma rápida e sinxela. Con Cifra Educación, tecemos unha comunidade educativa máis participativa e comprometida.

Diploma Dual

O colexio filipense ofrécelle ao seu alumnado a posibilidade de cursar o Diploma Dual®, que permite obter, simultaneamente, o título de Bacharelato español e o American High School Diploma. Trátase dunha titulación oficial e recoñecida internacionalmente, que lle abre aos alumnos/as novas oportunidades académicas e profesionais, ao tempo que reforza as súas competencias dixitais, lingüísticas e culturais para un futuro global. O programa ofértase grazas ao convenio asinado polo centro con Academica Corporation, entidade de referencia neste ámbito.

Ludoteca

O colexio ofrece, co obxectivo de favorecer a conciliación familiar, servizo de ludoteca durante as vacacións de Entroido, Semana Santa e verán. As actividades están deseñadas para ofrecerlles aos nenos e nenas un espazo de lecer e aprendizaxe, no que poidan gozar de xogos, obradoiros e dinámicas recreativas, ao tempo que se lles facilita ás familias organizar mellor o seu tempo.

Centro Examinador de Cambridge de Vigo

Somos colaboradores do Centro Examinador de Cambridge de Vigo, o que lle permite ao noso alumnado realizar as probas nas propias instalacións do colexio. Deste xeito, evítanse desprazamentos a outras localidades e facilítase o acceso a estas certificacións recoñecidas internacionalmente.

Inmersion Linguística

No Colexio Filipense Sagrada Familia consideramos a aprendizaxe de linguas como unha parte esencial na formación do noso alumnado. Grazas ao acordo co Youghal International College de Irlanda, ofrecemos a oportunidade de perfeccionar o inglés a través dunha inmersión completa. A maiores, o alumnado da optativa de francés participa nunha inmersión lingüística en L’Île d’Elle (Francia), onde poñen en práctica as súas competencias no idioma e viven de primeira man a cultura francesa.