Historia

Explora as nosas raíces

O Colexio Filipense Sagrada Familia conta cunha traxectoria de máis de oitenta anos ao servizo da educación. Foi fundado, en 1945, pola congregación de Relixiosas Filipenses Misioneiras de Ensinanza como un colexio feminino, que lle daba continuidade á escola que dona Francisca de Haz y Tena viña rexentando, ata ese momento, no pazo de Vista Alegre. 

Desde os seus inicios

Dende os seus inicios o centro foi evolucionando, para adaptarse ás necesidades do seu alumnado. As instalacións, que inicialmente contaban cun pequeno internado, axiña quedaron pequenas e o colexio foise ampliando progresivamente.

A chegada da democracia

A chegada da democracia trouxo consigo importantes cambios no ámbito educativo; o colexio converteuse en mixto, concertado e plurilingüe e o claustro pasou a estar formado maioritariamente por profesorado segrar.

Hoxe

Na actualidade, o colexio mantén vivos os seus valores fundacionais e continúa fiel á esencia do seu ideario católico e filipense, para ofrecer unha formación integral baseada na fe, no acompañamento persoal e no compromiso coa sociedade.