Idiomas

Con vocación internacional

Diploma Dual

O colexio filipense ofrécelle ao seu alumnado a posibilidade de cursar o Diploma Dual®, que permite obter, simultaneamente, o título de Bacharelato español e o American High School Diploma. Trátase dunha titulación oficial e recoñecida internacionalmente, que lle abre ao alumnado novas oportunidades académicas e profesionais, ao tempo que reforza as súas competencias dixitais, lingüísticas e culturais.   

Centro Colaborador Cambridge

Somos colaboradores do Centro Examinador de Cambridge English de Vigo, o que nos permite ofrecer asesoramento directo e organizar as probas nas propias instalacións do colexio. Así, o noso alumnado accede a estas certificacións recoñecidas internacionalmente sen necesidade de desprazarse a outras localidades.

Inmersión lingüística

No Colexio Filipense Sagrada Familia consideramos a aprendizaxe de linguas como unha parte esencial na formación do noso alumnado. Grazas ao acordo co Youghal International College de Irlanda, ofrecemos a oportunidade de perfeccionar o inglés a través dunha inmersión completa. A maiores, o alumnado da optativa de francés participa nunha inmersión lingüística en L’Île d’Elle (Francia), onde poñen en práctica as súas competencias no idioma e viven de primeira man a cultura francesa.