Departamento de Orientación

Porque cada persoa é única

Departamento de Orientación

Departamento de Orientación acompaña o alumnado no seu desenvolvemento persoal e académico. A través do asesoramento individualizado e do traballo con profesorado e familias, axuda a identificar necesidades, potenciar fortalezas e garantir unha educación inclusiva e adaptada ás necesidades de cada alumno/a. Conta, ademais, cos ámbitos de Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe, que ofrecen apoio específico para atender a diversidade do alumnado, garantindo a súa inclusión e favorecendo o seu desenvolvemento pleno.