Plataformas educativas

O dixital ao servizo do educativo

Cifra Educación

A plataforma Cifra Educación facilita a xestión eficiente do día a día e favorece a comunicación entre profesorado, alumnado e familias. Grazas a ela, garántese un seguimento académico máis próximo e accesible, xa que permite consultar notas, recibir avisos en tempo real ou realizar trámites administrativos de forma rápida e sinxela. Con Cifra Educación, tecemos unha comunidade educativa máis participativa e comprometida

Google for Education

Traballamos con Google for Education como plataforma dixital de referencia, porque cremos que as ferramentas tecnolóxicas deben facilitar a aprendizaxe e a colaboración. Grazas a ela, o alumnado accede aos seus materiais, traballa en equipo e mantén o contacto co profesorado de forma sinxela e organizada. Todo o entorno está administrado e supervisado polo propio colexio, garantindo un uso seguro e axeitado á nosa comunidade educativa.