Somos Escola Azul

O noso colexio acaba de recibir a certificación Blue School, un recoñecemento europeo que distingue aos centros educativos comprometidos co coidado dos océanos e dos ecosistemas acuáticos. Este distintivo é o resultado do programa de educación ambiental que levamos desenvolvendo desde hai anos, centrado especialmente na concienciación sobre o impacto dos plásticos nos mares e na cadea alimentaria.

Para celebralo, realizouse unha xornada de recollida de plásticos na praia de Compostela na que alumnado de 2.º da ESO, que xa participaran nunha acción semellante o curso pasado, explicaron aos seus compañeiros de 1.º os efectos nocivos dos microplásticos e a lentitude do seu proceso de descomposición.

Ao acto sumouse o concelleiro de Turismo de Vilagarcía, Álvaro Carou, para compartir a experiencia e felicitar ao centro polo recoñecemento obtido.

Máis Noticias

Compartir