Proxecto educativo

Modelo educativo filipense

O modelo educativo filipense baséase nunha educación integral e centrada na persoa, que promove os valores cristiáns, a aprendizaxe activa e a participación de toda a comunidade educativa. Busca o desenvolvemento cognitivo, emocional, social e espiritual do alumnado, preparándoo para afrontar os desafíos do mundo actual.

Metodoloxía de aprendizaxe

A nosa proposta educativa baséase nunha forma de ensinar próxima, activa e centrada no alumnado, onde cada neno e nena aprende a través da experiencia, a participación e o acompañamento constante. Apostamos por metodoloxías innovadoras que favorecen a comprensión, o desenvolvemento integral e a atención ás necesidades individuais, creando un ambiente de aprendizaxe motivador e adaptado aos retos actuais. Descubre como traballamos no día a día e coñece a nosa metodoloxía educativa.

A nosa historia

O Colexio Filipense Sagrada Familia, con máis de oitenta anos de historia, iniciou a súa traxectoria en 1945 como centro feminino promovido polas Relixiosas Filipenses Misioneiras de Ensinanza. Ao longo do tempo evolucionou adaptándose ás necesidades do alumnado, converténdose en mixto, concertado e plurilingüe. Hoxe continúa mantendo os seus valores fundacionais, ofrecendo unha formación integral baseada na fe, no acompañamento persoal e no compromiso social.

Documentos

Actualidad

Contacto

Oferta Educativa

O centro ofrece educación desde o segundo ciclo de infantil ata secundaria, combinando un ensino académico sólido cunha formación integral. A súa proposta educativa céntrase no desenvolvemento das competencias, o plurilingüismo e os valores persoais de cada alumno.

Pastoral

O Departamento Pastoral promove a educación en valores cristiáns, solidariedade e compromiso persoal. A través de actividades formativas e espirituais, buscamos fortalecer a fe, a comunidade e o sentido de pertenza entre o alumnado, as familias e o profesorado.

Tes algunha pregunta? Contáctanos!

Estamos aquí para axudarte. Se precisas máis información sobre o noso colexio, proxectos ou inscripcións, non dubides en ponerte en contacto conosco. Estaremos encantados de atenderte!